Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xuño de 2024

Horario de verán nos Museos Científicos Coruñeses

Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán de 10 h a 20 h, con último acceso ás 19 h no Aquarium e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e Domus.

Os Museos Científicos Coruñeses estrean o luns 1 de xullo o seu horario de verán, que se estenderá ata o xoves 31 de agosto. Durante eses dous meses abrirán as súas portas desde as 10 h ata as 20 h, aínda que o acceso pechará ás 19 h no Aquarium Finisterrae e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e a Domus.

Na Casa das Ciencias, ademais das exposicións interactivas dos seus catro plantas, o planetario ofrecerá a diario 5 sesiones para diferentes públicos:

  • 11:30 Polaris (+7 anos, castelán)
  • 13:00 Lévame á Lúa (+8 anos, galego)
  • 17:00 Hazelnuts (4 a 7 anos, galego)
  • 18:00 Directo (+ 10 anos, cast/gal)
  • 19:00 Biosfera escura (+10 anos, castelán)

Ademais, do 9 ao 14 de agosto todas as sesións de planetario dedicarán uns minutos para explicar como ver a choiva de estrelas das Perseidas.

A Domus ofrecerá ao seu público as numerosas experiencias interactivas de exposicións como «Bocados», sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable; «Xogo de neuronas», sobre a mente e a intelixencia humana; ou a mostra «Homínidos e homínidas», sobre as nosas orixes e a evolución dos trazos que nos identifican.

No Aquarium Finisterrae, ademais dos seus contidos habituais, ofreceranse diversas actividades e talleres sen necesidade de inscrición nin custo adicional á entrada de acceso ao museo:

  • Alimentación no Nautilus. O público pode observar a alimentación dos habitantes do Nautilus, entre os que se inclúen diferentes especies de quenllas como o touro e as musolas. Todos os luns, mércores e venres ás 11:30 h.

  • Alimentación de focas. Unha actividade na que o público pode contemplar a rutina da alimentación das focas do Aquarium a cargo dos seus coidadores. Todos os días ás 12 e ás 17 h.

  • Monólogos no Aquarium. Charlas breves, duns 10 minutos, sobre a bioloxía e curiosidades dalgunhas das especies máis populares do Aquarium (polbos, cabaliños de mar, ajolotes, medusas...), ofrecidas polo persoal de atención ao público. Todos os días ás 13 e ás 18.30 horas.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión