6 de novembro de 2020
Será imprescindible reservar entrada, cun máximo de 3 días de antelación, nas direccións web de reservas de cada un dos museos.
A Semana da Ciencia nos Museos Científicos Coruñeses terá lugar, como estaba previsto, do 9 ao 15 de novembro. A entrada será gratuíta pero, debido ás circunstancias sanitarias, as condicións de acceso e visita serán como as que se están aplicando desde que reabriron no verán.
Así, será imprescindible reservar entrada, cun máximo de 3 días de antelación, nos enderezos web de reservas de cada un dos museos:
No Aquarium Finisterrae poderanse visitar as salas de exposicións (onde se deshabilitaron os elementos interactivos), a sala Nautilus e as piscinas exteriores onde viven as focas.
Na Casa das Ciencias o acceso está limitado á asistencia a sesións do Planetario; a visita libre ás salas de exposicións non está dispoñible.
E o acceso á Domus está limitado á fin de semana do 14 e 15 de novembro, en que se poderá acceder unicamente a un programa de actividades na sala maker@domus e o Laboratorio Aberto.
Todas as persoas que visiten os Museos Científicos deberán gardan unhas normas de seguridade, como usar de forma obrigatoria a máscara, sen válvula exhalatoria, durante toda a visita e manter a distancia de dous metros entre persoas que non convivan, evitando ademais tocar calquera obxecto ou superficie.
1 de maio de 2025
Terá lugar no parque de Santa Margarida da Coruña das 11.00 ás 19.00 horas
16 de abril de 2025
O prazo de presentación de traballos finaliza o 2 de xuño nas oito modalidades do certame
7 de marzo de 2025
Unha exposición temporal sobre saúde mental
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible