Concello da Coruña

Concello da Coruña

Un médico na aldea: espectáculo musical que conta as peripecias vitais dun médico rural.

O dramaturgo e director Santiago Cortegoso dirixe este espectáculo musical que adapta o libro de relatos, de carácter autobiográfico, de Manuel Reimóndez Portela Un médico na aldea, interpretado pola agrupación Tequexetéldere e a Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/11/2024

Horario:

19.30 h

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

O espectáculo está asegurado, pois haberá máis de 50 artistas que sobre as táboas interpretarán, cantarán, bailarán e tocarán en directo. Ademais, esta obra contará coa ilustración en tempo real do narrado no escenario: Rosa Herráiz, también coñecida como Rosa de Cabanas, vai debuxando nunha tableta o que acontece sobre as táboas, para proxectar os seus bosquexos nunha gran pantalla integrada no decorado. A escenificación conta tamén cos útiles médicos orixinais doados pola familia do médico Manuel Reimóndez Portela.

A peza conta as peripeciais vitais dun médico rural ao longo da súa traxectoria profesional amosando un xeito de entender a medicina cheo de humanidade que proclama a necesidade de loitar contra a superstición e a desconfianza do paciente nos medicamentos e proclamando a escoita coma mellor remedio contra a enfermidade. A historia parte dun rico anecdotario autobiográfico que describe de xeito ameno as moitas dificultades que acompañaban o día a día dun médico de aldea.

Este musical estreouse no marco das 10.ª Convergências Portugal- Galiza.

Este espectáculo visita o noso barrio coa axuda do Concello da Estrada e a Fundación Cultural da Estrada.

Como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

FICHA TÉCNICA

Texto: de Santiago Cortegoso, a partir do libro de Manuel Reimóndez Portela Un médico na aldea

Dirección escénica: Santiago Cortegoso (Moaña, 1976), un dos dramaturgos de máis prestixio da súa xeración. É autor dalgúns dos textos máis premiados e representados dos últimos anos (Hamster, 0,7% Molotov, O furancho, Raclette, Casa O'Rei, A charca de Ulises...). Entre outros premios recibiu o María Casares por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios, Raclette e Invisibles, adaptación da novela homónima de Montse Fajardo. Desde 2010, dirixe Ibuprofeno Teatro, fundada en 2010, xunto á actriz e directora Marián Bañobre.

Coordinación musical: Xosé Lueiro

Produción: Agrupación Tequexetéldere e a Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE)

Iluminación: Javier Ayude

Son: Valentín Torrado

Elenco artístico: dez actores, cinco músicos, dez cantareiras, 16 bailadoras/es e unha ilustradora.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión