Con motivo desta feira científica a entrada ao Aquarium Finisterrae será gratuíta, con reserva de entradas a partir do mércores 29 de xaneiro
Para público en xeral
01/02/2025
Xa rematou
Os talleres realizaranse en horario das 11.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 18.30 horas.
O Aquarium Finisterrae estará aberto das 11.00 ás 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
Entrada gratuíta. É necesario reservar as entradas, o que se poderá realizar a partir das 9.00 horas do mércores 29 de xaneiro neste enderezo: https://ticketing.coruna.gal/mc2/aq/
UDCiencia d+i e Museos Científicos Coruñeses
A Feira de Ciencia Isabel Zendal despregará nas salas do Aquarium Finisterrae catorce talleres divulgativos sobre ciencia atendidos por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña, e ofreceralle ao público unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando nunha diversidade de experimentos, xogos e actividades.
Para visitar este día o Aquarium Finisterrae, que celebra xornada de portas abertas con entrada gratuíta, e participar nos talleres, é necesario realizar unha reserva de entradas, que se poderá realizar a partir das 9.00 horas do mércores 29 de xaneiro neste enderezo: https://ticketing.coruna.gal/mc2/aq/
Para lles facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o necesitan.
As persoas que desenvolverán as actividades estarán caracterizadas coma as protagonistas da expedición da vacina, da que toma nome esta feira. Isabel Zendal e Francisco de Balmis estarán caracterizados por Ana González Tizón e Andrés Martínez Lage, mentres que os alumnos e alumnas serán os nenos que transportaron a vacina.
A feira incluirá catorce de talleres divulgativos sobre algúns dos grupos animais máis característicos que se poden ver no Aquarium Finisterrae como peixes, polbos, quenllas e cangrexos, ademais doutros temas sobre saúde e bioloxía:
A Feira está organizada por UDCiencia d+i, un grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración co Aquarium Finisterrae. Leva o nome de Isabel Zendal como homenaxe á Real Expedición Filantrópica da Vacina, que partiu do porto da Coruña o 30 de novembro de 1803.
7 de marzo de 2025
Unha exposición temporal sobre saúde mental
28 de xaneiro de 2025
Unha exposición fotográfica que convida a reflexionar sobre a crise climática e ambiental
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible