Descubre a mensaxe secreta escrita en código cifrado
Unha mensaxe escrita en código, como o que ves aquí, coñécese como código cifrado. Ao principio, as outras persoas non poden descifrar o teu código. Pero iso non significa que os teus segredos estean a salvo. Cun pouco de esforzo, poderán descifralo. Entón que? Pois a crear outro!
Hoxe imos aprender como facer un código cifrado por substitución, substituíndo as letras por outras letras. Isto é o que imos facer:
Agora imos coa mensaxe secreta que vos propoñiamos:
VHGV VH FN ÑVNHZQV HVXIVGL!
Nós deixámosche esta mensaxe. Pódela descifrar?:
BL BZ HV XLÑL OZEZIÑV YRVN OZH ÑZNLH. B GF?
código (abrir só en caso de emerxencia)
Liña 1: A B C D E F G H I J K L M N Ñ O P Q R S T U V W X Y Z
Liña 2: Z Y X W V U T S R Q P O Ñ N M L K J I H G F E D C B A
29 de xuño de 2024
Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán de 10.00 h a 20.00 h, con último acceso ás 19.00 h no Aquarium e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e Domus.
30 de maio de 2024
A estrea terá lugar o venres 31 de maio ás 18.00 horas, e incorpórase á carteleira para partir do sábado 1 de xuño.
29 de maio de 2024
O 5 de xuño presentarase un selo conmemorativo e unha exposición filatélica sobre temas mariños. O sábado 8 de xuño realizarase unha xornada de portas abertas, con reserva previa de entradas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible