Exposición formada por 85 obras artísticas realizadas con materiais plásticos recuperados como lixo nas praias galegas, que ten como obxectivo concienciar a cidadanía sobre a contaminación do océano por lixo plástico.
A produción de obxectos de plástico, que son omnipresentes nas nosas vidas, non para de crecer. Como resultado, cada ano producimos máis e máis lixo sintético. Tendo en conta que o océano foise convertendo nunha especie de vertedoiro global, gran parte deste lixo acumúlase nos ecosistemas mariños.
Para concienciar a cidadanía sobre o gran problema ecolóxico, ambiental e socioeconómico que supón o lixo plástico mariño e, deste xeito, contribuír a reducir este tipo de contaminación, o Aquarium Finisterrae organiza e exhibe a exposición "Mar de plástico".
A exposición, que está producida pola Asociación Mar de fábula e o colectivo RetoqueRetro, contén 85 obras artísticas realizadas con materiais plásticos recuperados como lixo nas praias galegas.
Mar de fábula é unha asociación sen ánimo de lucro dedicada á conservación do océano. O seu voluntariado organiza actividades de limpeza de praias e sensibilización pública sobre o problema ecolóxico que supón o lixo mariño. Esas mesmas persoas voluntarias encargaranse de impartir as actividades relacionadas coa exposición, que consistirán en 4 talleres experimentais e 2 conferencias, cuxa realización terá lugar entre xaneiro e xuño do 2018.
"Mar de plástico" é unha iniciativa incluída no Programa Obxectivo 14 do Aquarium Finisterrae, que engloba as exposicións, actividades e talleres do museo destinadas a contribuír a cumprir os obxectivos da Axenda 2030 da ONU relacionados coa conservación do océano.
7 de marzo de 2025
Unha exposición temporal sobre saúde mental
28 de xaneiro de 2025
Unha exposición fotográfica que convida a reflexionar sobre a crise climática e ambiental
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible