Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de novembro de 2024

A Semana da Ciencia 2024 estenderase do 9 ao 17 de novembro

Para visitar o Aquarium hai que reservar entradas con antelación, así como para asistir ás sesións de Planetario da fin de semana

A Semana da Ciencia 2024 nos Museos Científicos Coruñeses terá 9 días consecutivos de entrada gratuíta, nos que o público poderá gozar das exposicións interactivas dos tres centros, que abrirán todos os días de 10.00 a 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus.

Para visitar eses días o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse cun máximo de 3 días de antelación nesta páxina. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan. En calquera caso, as entradas estarán limitadas por un control de espazo.

A visita ás salas de exposicións da Casa das Ciencias e da Domus será libre, sen reserva previa e sempre que a capacidade non estea completa. Para asistir a unha das sesións de planetario das fins de semana na Casa das Ciencias si hai que realizar unha reserva de entradas nesta ligazón, que poderá facerse a partir das 09.00 horas do día anterior á sesión.

Programación de planetario de fin de semana:

  • 11.30 Polaris (+ 7 anos, castelán)

  • 13.00 Lévame á Lúa (+ 10 anos, galego)

  • 17.00 Hazelnuts (4 a 7 anos, galego)

  • 18.00 Directo (+ 10 anos, cast/gal)

Ademais, de luns a venres haberá unha sesión de planetario en directo ás 18.00 horas, dirixida a persoas maiores de 10 anos, para a que non hai que reservar entrada con antelación. Repartiranse invitacións para esta sesión a partir de media hora antes do seu comezo, por orde de chegada, entregando un máximo de 2 invitacións por persoa.

A Semana da Ciencia terá ademais un acto destacado, a entrega dos XXXVII Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica, que terá lugar no salón de plenos do Concello da Coruña o sábado 16 de novembro.

Concerto no Aquarium Finisterrae

E para clausurar a semana, o domingo 17 terá lugar no Aquarium Finisterrae, ás 17.00 horas, un concerto do grupo EntrElas. A este concerto poderán asistir as persoas que reservasen entradas para o Aquarium Finisterrae para este día e nese horario.

EntrElas GrupoVocal constitúese como grupo a finais do 2011 na Coruña. Xorde coa intención de levar ás voces femininas a música do noso tempo, abarcando gran variedade de xéneros. Os seus integrantes, dez na actualidade, elevan desde A Coruña as súas voces para ofrecer a súa particular versión de temas actuais e atemporais. Trátase dun grupo formado exclusivamente por voces femininas, con distintas tesituras, que cantan a capela temas tan coñecidos como Lela, Quen puidera namorala, El Manisero ou Piel Canela. Tamén forman parte do seu repertorio cancións como Sentir, de Luz Casal, ou La puerta violeta, de Rozalén. Nesta ocasión interpretarán El manisero, El cuarto de Tula, Drume Negrita, La gloria eres tú, Piel Canela, Zapata se queda, La puerta violeta, Agua de beber, Mares igual que tú e Java Jive.

Documentos:

Descarga aquí a guía básica para resolver as túas dúbidas de cara á Semana da Ciencia (5 MB)

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión