A través do rexistro telemático identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña ou de forma presencial en calquera dos rexistros municipais.
Persoas maiores de 18 anos, empadroadas na Coruña, para uso propio ou en representación de entidades ou asociacións con sede na Coruña.
Ayuntamiento
Poderán solicitarse datas dentro do mes en curso e ata dous meses máis como máximo, e cunha antelación mínima de 15 días naturais antes do día que se queira utilizar.
Ningún
Consultar o apartado: "Documentación necesaria"
Nas Oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude específico así como a instancia de autorización, que tamén as poderá descargar dende esta páxina.
Tamén se poderán remitir mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Deberá dispoñer de certificado electrónico recoñecido pola sede electrónica do Concello da Coruña.
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Si
Onde se fai?
Documentos relacionados
1 de maio de 2025
Terá lugar no parque de Santa Margarita da Coruña de 11 a 19 horas
16 de abril de 2025
O prazo de presentación de traballos finaliza o 2 de xuño nas oito modalidades do certame
7 de marzo de 2025
Unha exposición temporal sobre saúde mental
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible