Sesións para abril, maio e xuño
A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do Libro de Familia onde figuren o nome e a data de nacemento.
Os nenos e nenas deberán ir acompañados/as durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous/dúas menores.
Para público en xeral
Dende o 15/04/2023 ata o 18/06/2023
Xa rematou
Require reserva de entradas para todas as persoas participantes. Poderanse realizar as reservas a partir das 10.00 horas do luns 10 de abril, picando aquí.
De 11:00 a 12:30 horas, os días 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de abril; 7, 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de maio; 3, 4, 10, 11, 17 e 18 de xuño.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
228 prazas en total, 12 prazas por sesión
Esta actividade non ten custo engadido ao prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que cada visitante deba aboar para entrar no recinto.
O Aquarium Finisterrae abre a reserva de entradas para as sesións do segundo trimestre do ano da actividade «Aventura coas focas», que se realizará sábados e domingos de abril, maio e xuño de 2023.
Trátase dun taller de divulgación científica para coñecer de primeira man a rutina diaria das focas que viven nas piscinas exteriores. Durante os 90 minutos que ocupa a actividade participarase na preparación dos alimentos e accederá ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.
A actividade está dirixida a persoas maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous menores.
Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba aboar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes, que se poderán reservar a partir do 10 de abril.
As entradas aboaranse no momento de chegar á actividade, na recepción do Aquarium. Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión.
6 de novembro de 2024
Este singular exemplar foi cedido pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias para a súa exhibición na sala Nautilus
4 de novembro de 2024
Para visitar o Aquarium hai que reservar entradas con antelación, así como para asistir ás sesións de Planetario da fin de semana
4 de outubro de 2024
Xa se pode visitar na planta baixa do museo a nova instalación, na que cada día nacerán algo menos dunha decena de crías de galiña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible