Concello da Coruña

Concello da Coruña

«Aventura coas focas»

SESIÓNS PARA OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO DE 2024

A quen vai dirixido?:

A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento.

Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous menores.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/10/2024 ata o 29/12/2024

Inscricións:

Prazas esgotadas. Listaxe de agarda

Horario:

De 11.00 a 12.30 horas, os días 26, 27 de outubro, 2, 3, 23, 24, 30 de novembro, 1, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de decembro.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

168 prazas en total, 12 prazas por sesión

Prezo:

Esta actividade non ten custo engadido ao prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que cada visitante deba aboar para entrar no recinto.

Requisitos:

Require reserva de entradas para todas as persoas participantes. Poderanse realizar as reservas a partir das 09.00 horas do mércores 23 de outubro, premendo aquí.

O Aquarium Finisterrae abre a reserva de entradas para as sesións de outubro, novembro e decembro da actividade «Aventura coas focas».

Trátase dun taller de divulgación científica para coñecer de primeira man a rutina diaria das focas que viven nas piscinas exteriores. Durante os 90 minutos que ocupa a actividade participarase na preparación dos alimentos e tamén se accederá ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.

A actividade está dirixida a persoas maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous menores.

Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba aboar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes, que se poderán reservar a partir do mércores 23 de outubro ás 09.00 da mañá.

As entradas aboaranse no momento de chegar á actividade, na recepción do Aquarium. Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión