Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Charla sobre a astronomía na saga de Harry Potter

Unha charla de astronomía para lectores e lectoras da saga Harry Potter, a cargo de Paula Neira, profesora e membro da Agrupación Astronómica Ío.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/11/2023

Xa rematou

Inscricións:

PRAZAS ESGOTADAS

Horario:

Ás 19.30 horas

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Na sala do Planetario

Prezo:

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade, mais con reserva previa neste formulario.

Organiza:

Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses.

No marco da Semana da Ciencia, que abarca do 11 a 19 de novembro, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses organizan a charla «Astronomía en Hogwarts», que terá lugar o sábado 11 de novembro no planetario da Casa das Ciencias ás 19.30 h, con entrada libre e gratuíta ata completar capacidade, mais con reserva previa neste formulario.

A maxia de Harry Potter transcende as páxinas dos libros e as pantallas de cinema para mergullarse nun universo repleto de referencias astronómicas.

Paula Neira explorará nesta charla como a historia de Harry Potter entrelázase de maneira fascinante coa astronomía, enriquecendo a experiencia dos seus seguidores.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible