De Federico García Lorca, adaptación de María Goiricelaya
Para público en xeral
Dende o 20/12/2024 ata o 21/12/2024
20:30 h
*Unha vez comezado o espectáculo NON se poderá acceder á Sala
Prégase puntualidade
100 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (desconto do 20% para +65 anos, carné xove, e desempregados; do 25% para familias numerosas)
*Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
ELA é unha reputada artista bilbaína. O seu marido, un exitoso home de negocios. A súa irmá, unha muller atropelada pola vida. A súa nai esa persoa que nunca a abrazou... E o seu ex alguén con quen ser nai foi unha posibilidade. Este é o escenario dela, a nosa YERMA. Un escenario onde esta nova muller flúe como un como un tequila en Puerto Escondido, como un bhang lassi en Goa, como unha cervexa fría en Alexanderplatz.
Quizáis sexa un sacrilexio expor unha YERMA sen unha palabra de Lorca, pero esta contén as palabras de todas aquelas mulleres que hoxe se enfrontan á imposibilidade de ter descendencia. Porque son moitas, aínda que ninguén fale delas. E son como ELA: mulleres exitosas nos seus traballos que cean en restaurantes de moda, viaxan a países exóticos, desmelenanse en festivais, teñen un Iphone e círculos sociais envexables. ELA; mulleres normais, independentes, coas súas parellas, o seu aparente empoderamento, os seus soños e un único desexo non concedido: o da maternidade. A súa versión feminista nunca lle deixou exporse que a partir de certa idade era difícil concibir e agora... a presión non para de crecer e ELA quere algo que nunca quixo, algo que expón un conflito biolóxico e emocional ineludible. Iso é esta YERMA. Esa muller onde o natural e o belo se vólve obsesivo e doloroso. Esa muller onde o DESEXO é capaz de levar por diante o AMOR.
Con Ane Pikaza, Aitor Borobia, Loli Astoreka, Leire Orbe, Unai Izquierdo
Dirección e dramaturxia: María Goiricelaya
Produción de La Dramática Errante
*Venda de entradas soltas a partire do 6 de setembro
Despacho de billetes da Praza de Ourense, de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función desde as 16 h
6 de novembro de 2024
Este singular exemplar foi cedido pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias para a súa exhibición na sala Nautilus
4 de novembro de 2024
Para visitar o Aquarium hai que reservar entradas con antelación, así como para asistir ás sesións de Planetario da fin de semana
4 de outubro de 2024
Xa se pode visitar na planta baixa do museo a nova instalación, na que cada día nacerán algo menos dunha decena de crías de galiña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible