Dirixido a profesorado de Secundaria que queira introducir na aula tecnoloxía maker aplicada á bioquímica e introducirse de forma experimental no coñecemento de microorganismos.
Para público en xeral
Os días 15/11/2018, 16/11/2018
Xa rematou
Preinscricións a partir do 5 de novembro a través deste formulario electrónico
O curso é gratuíto e ten duración de 8 horas lectivas. Solicitouse a homologación do curso á Xunta de Galicia.
10
Cristina Hernández, bioquímica da Universidade de Zaragoza, presentará o proxecto «Micromascotas», unha proposta de ciencia cidadá multidisciplinar que achega o biohacking desde a experimentación. O proxecto está desenvolvido por BIFI e Ibercivis e conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).
O programa é o seguinte:
- 15 de novembro. Fabricación de biohardware
Neste taller fabricarase unha pequena cabina de fluxo laminar DIY para realizar os cultivos microbiolóxicos de forma segura. Cada persoa participante levará a súa cabina de fluxo laminar para o seu centro educativo.
- 16 de novembro. Técnicas de microbioloxía
Daranse a coñecer as distintas "micromascotas" (bacterias, fermentos ou nemátodos de especial interese nos laboratorios de investigación) e aprenderase a preparar os medios de cultivo adecuados para cada unha, sementando e cultivando estes microorganismos que se poden usar como ferramenta docente.
10 de setembro de 2024
Xa está aberto o sistema de solicitude de reservas para as visitas de grupos escolares á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.
7 de setembro de 2024
Trátase dun programa Erasmus+ que se adentra na relación do cambio climático coa xenética e a saúde
15 de agosto de 2024
A instalación conta cunha piscina de illamento con subministración continua de auga salgada entre outras novidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible