Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Diálogo sobre a música contemporánea e a IA

Coa participación de Sofía Oriana Infante, compositora e especialista en IA, e Florian Vahli, primeiro violín da Orquestra Sinfónica de Galicia

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/04/2025

Horario:

Ás 20.00 horas

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar o espazo

Organiza:

CorBI Foundation

A música clásica contemporánea sempre foi unha avanzada na utilización de todo tipo de medios instrumentais, non académicos, e en achegar unha gran liberdade de ideas e creatividade para conseguir os fins que pretendía. Nestes tempos a irrupción da IA (intelixencia artificial) na composición representa un reto disruptivo colosal. As persoas compositoras teñen medios e opcións das que carecían e, por outra banda, a IA empeza a poder substituír a función das ditas persoas. O futuro ten a potencialidade para resultar bo ou malo.

Unha doutora en música e exitosa compositora, ademais de docente e con fortes coñecementos en IA, e un músico de prestixio cunha longa e recoñecida traxectoria, que tamén é mestre de músicos, dialogarán o venres 11 de abril na Domus sobre este apaixonante escenario en que se desenvolve a música clásica contemporánea.

Sofía Oriana Infante é profesora no Conservatorio de Ferrol, compositora e especialista en IA.

Florian Vahli é primeiro violín da Orquestra Sinfónica de Galicia e director do Grupo Instrumental Siglo XX.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible