29 de setembro de 2024
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 16 de novembro no Concello da Coruña.
O xurado da XXXVII convocatoria do premio Prismas Casa das Ciencias á Divulgación, reunido os días 28 e 29 de setembro de 2024, decidiu outorgarlles os Prismas de Bronce aos seguintes traballos:
• Mellor traballo en vídeo: Cáncer, el legado de la evolución, capítulo do programa Quèqui, de Pere Renom e Ramón Balagué, producido por Minifilms i 3CAT.
• Mellor traballo en novos medios: Science Media Center España, un proxecto de FECYT coordinado por Esperanza García e Laura Chaparro, e coa colaboración de Sergio Ferrer, Jesús Méndez e Tania Rabesandratana.
• Mellor proxecto de sensibilización e divulgación sobre os océanos: Del Ártico al Cantábrico, dos Servizos Informativos de EITB Media.
• Mellor artigos xornalístico: Desigualdad en la 'prueba del talón': milagro o pesadilla según el código postal, de Antonio Martínez Ron, publicado en ElDiario.es .
• Mellor traballo en radio: Tu cerebro es oro, ¿qué harás con él cuando mueras?, un podcast de Belén Remacha Ciutad.
• Mellor proxecto singular: Vagón de la ciencia, da Universitat Autònoma de Barcelona.
• Mellor libro editado: Neuronas para la emoción, editado por Shackleton Books, orixinal de Xurxo Mariño.
Ademais, o xurado decidiu outorgarlles o Prisma Especial do Xurado a Gema Revuelta e Vladimir de Semir, polos trinta anos do Máster en Comunicación Científica, Médica e Ambiental da UPF Barcelona School of Management.
Tamén se decidiu outorgar tres mencións honoríficas nas modalidades seguintes:
1. Mención en proxecto de sensibilización e divulgación sobre os océanos á Triloxía Microalgas, de Xulia Pisón Egea.
2. Mención en artigo xornalístico a El año en que no se consiguió frenar la minería submarina, de Tania Alonso Cascallana.
3. Mención en traballo en radio a Océanos de calor, de Mabel Montes Rama e Ramiro Santos Díaz para Atmosféricos de Radio Galega.
Os premios Prismas son unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todas e todos os profesionais que traballan neste campo. A entrega dos premios terá lugar nun acto que se realizará o sábado 16 de novembro na Coruña.
Composición do xurado
- Presidente: José María Montero Sandoval, xornalista en Canal Sur Televisión (RTVA)
- Almudena Martín Castro, divulgadora científica
- Laura Rodríguez García, xornalista científica
- María Cristina Naya Riveiro, vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deporte da UDC
- Marcos Pérez Maldonado, director técnico da Casa das Ciencias, que actuou como secretario do xurado.
6 de novembro de 2024
Este singular exemplar foi cedido pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias para a súa exhibición na sala Nautilus
4 de novembro de 2024
Para visitar o Aquarium hai que reservar entradas con antelación, así como para asistir ás sesións de Planetario da fin de semana
4 de outubro de 2024
Xa se pode visitar na planta baixa do museo a nova instalación, na que cada día nacerán algo menos dunha decena de crías de galiña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible