De Carolina África
Para público en xeral
Dende o 04/03/2022 ata o 05/03/2022
Xa rematou
20.30 h
75 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18,00 €; 14,00 €; 11,00 €; 8,50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)
Centro Dramático Nacional
As historias que acontecen en El cuaderno de Pitágoras, malia ser ficción, están inspiradas en feitos reais e nacen froito da experiencia vivida en anos de voluntariado nun módulo penitenciario; tamén se elaboraron a partires de entrevistas con familiares e colaboradores de distintos colectivos que traballan en diferentes cárceres.
Un grupo de reclusos participa na elaboración dunha obra teatral que culminará coa exhibición final do espectáculo, integramente creado por eles, diante dos seus familiares.
O rexistro do proceso de ensaios nunha especie de diario de navegación, erróneamente chamado Cuaderno de Pitágoras, dará título a esta historia, que se intercalará con outra: a loita por volver construir unha vida digna en liberdade e o esforzo por sacara adiante as familias en circunstancias especialmente complexas e dolorosas.
Desde unha mirada fragmentada, íntima, desprexuizada e por momentos moi divertida, o espectador accederá a varias tramas dentro e fóra dos muros dunha prisión.
Paqui e Furia serán os protagonistas desta historia coral na que cuestionaremos o concepto de reinserción social analizando as dificultades, prexuizos e estigmas aos que se enfronta todo aquel que cumprirá ou este a cumprir unha condena.
Con: Manolo Caro, Emmanuel Cea, Gldys Ibarra, Helena Lanza, Ascen López, Jorge Mayor, Nuria Mencía, Victoria Teijeiro.
Dirección de Carolina África.
*Venda de entradas a partires do 13 de xaneiro
Despacho de Billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h
despacho de Billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h
10 de setembro de 2024
Xa está aberto o sistema de solicitude de reservas para as visitas de grupos escolares á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.
7 de setembro de 2024
Trátase dun programa Erasmus+ que se adentra na relación do cambio climático coa xenética e a saúde
15 de agosto de 2024
A instalación conta cunha piscina de illamento con subministración continua de auga salgada entre outras novidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible