17 de xullo de 2023
A mostra contén as imaxes gañadoras do concurso máis prestixioso que se convoca en Europa, European Wildlife Photographer of the Year.
O Aquarium Finisterrae acolle na sala Isabel Castelo a exposición Fotografías da Natureza 2023, que contén as imaxes premiadas na última edición de European Wildlife Photographer of the Year, o concurso de fotografía de natureza máis grande e máis prestixioso de Europa. O seu obxectivo é incrementar a conciencia e o interese por preservar o medio ambiente entre o público. A exposición está organizada en nove seccións: Aves, Mamíferos, Outros animais, Mundo submarino, Eloxio das plantas, Paisaxes, O ser humano e a natureza, Forma e composición e Novos fotógrafos.
Nesta convocatoria do concurso recibíronse 20.413 fotografías de 1.218 participantes procedentes de 37 países. Grazas á pericia técnica e artística dos fotógrafos e fotógrafas e, en moitas ocasións, á sorte, podemos contemplar aspectos sorprendentes, puntos de vista insólitos e perspectivas marabillosas.
Persoas gañadoras
O gañador absoluto deste ano é o fotógrafo ruso Mike Korostelev, cunha imaxe titulada O mundo dos hipopótamos. Alemaña, con 15 galardoados, España con 14 e Italia con 8; continúan sendo os paises con maior presenza entre o total dos 84 premios outorgados. Entre os españois recoñecidos, Adria Mais Escandell resultou gañador na categoría de Novos fotógrafos.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
29 de xuño de 2024
Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán de 10 h a 20 h, con último acceso ás 19 h no Aquarium e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e Domus.
30 de maio de 2024
A estrea terá lugar o venres 31 de maio ás 18.00 horas, e incorpórase á carteleira para partir do sábado 1 de xuño.
29 de maio de 2024
O 5 de xuño presentarase un selo conmemorativo e unha exposición filatélica sobre temas mariños. O sábado 8 de xuño realizarase unha xornada de portas abertas, con reserva previa de entradas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible