Charla no Planetario da Casa das Ciencias a cargo da astrofísica Andrea Rodríguez Antón.
Para público en xeral
15/12/2022
Xa rematou
Ás 19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Na sala do Planetario
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
A Casa das Ciencias en colaboración coa Agrupación Astronómica Ío organiza para o xoves 15 de decembro, ás 19.30 horas, unha conferencia no seu planetario a cargo de Andrea Rodríguez Antón, doutora en astrofísica.
A charla, titulada «Miradas diversas ao ceo desde a astronomía cultural», consistirá nunha introdución á Astronomía Cultural e o seu papel no coñecemento das sociedades humanas. Na primeira parte recorrerase á cúpula estrelada do planetario como soporte para explicar os cambios básicos na visibilidade do ceo, para despois facer un breve repaso por diferentes lugares da historia galega nos que o ceo estaría presente no deseño e organización do espazo e a xestión do tempo.
Andrea Rodríguez Antón é doutora en astrofísica e investigadora do INCIPIT (Instituto de Ciencias do Patrimonio) de Santiago de Compostela. Tamén traballou no Instituto de Astrofísica de Canarias e outros centros de investigación. No último ano participou no asesoramento para a creación dun centro de interpretación do patrimonio histórico en Ausserd (Sahara Occidental). Na actualidade participa no medio dixital turismodeestrellas.com elaborando unha sección de divulgación sobre Astronomía Cultural.
7 de marzo de 2025
Unha exposición temporal sobre saúde mental
28 de xaneiro de 2025
Unha exposición fotográfica que convida a reflexionar sobre a crise climática e ambiental
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible