Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de marzo de 2024

O Aquarium Finisterrae exhibe «A Vela dos Limpamundos»

Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.

Un grupo de escolares de 11 anos do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, decorou unha gran vela de 60 metros cadrados con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta e do mar en concreto. Forman parte do grupo denominado «Limpamundos» que, desde o centro escolar, dedícase a limpar "todo aquilo que lles gusta do planeta".

O xoves 7 de marzo visitaron o Aquarium Finisterrae, que expón a súa vela instalada na sala Maremagnum. Permanecerá aí ata o 15 de maio, cando a izarán nun veleiro que chegará ao porto da Coruña.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión