18 de decembro de 2024
Este Nadal a Casa das Ciencias conmemora con esta proxección o quinto aniversario da súa designación
«Estrela Rosalía» é un programa de planetario en directo para celebrar que fai cinco anos a Unión Astronómica Internacional seleccionou a insigne escritora galega para nomear unha estrela na constelación do Serpentario, grazas a unha iniciativa da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Durante esta sesión, dedicada principalmente a falar sobre esta estrela, tamén se abordarán as principais características do firmamento destas datas, incluíndo a posibilidade de contemplar todos os planetas apreciables a primeira ollada.
Esta sesión realizarase ás 18.00 horas os días 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, 4 e 5 de xaneiro; os días 2, 3 e 7 de xaneiro, será ás 13.00 horas.
Os horarios de apertura da Casa das Ciencias, da Domus e do Aquarium Finisterrae durante as vacacións escolares de Nadal, así como a programación completa do planetario, pódense consultar nesta ligazón.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
1 de maio de 2025
Terá lugar no parque de Santa Margarida da Coruña das 11.00 ás 19.00 horas
16 de abril de 2025
O prazo de presentación de traballos finaliza o 2 de xuño nas oito modalidades do certame
7 de marzo de 2025
Unha exposición temporal sobre saúde mental
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible