10 de febreiro de 2021
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae ofrecen visitas virtuais para os días de Entroido 15, 16 e 17 de febreiro.
Os Museos Científicos Coruñeses ofrecen en Entroido visitas virtuais para público xeral. Estas visitas son gratuítas e realízanse por videoconferencia, cunha conexión a través de Google Meet.
As persoas que reserven algunha das visitas recibirán unha ligazón para conectarse co persoal de atención ao público que estará a dirixir a actividade desde o museo, co que ademais se poderá conversar a través do vídeo ou do chat.
As visitas que se ofrecen son as seguintes:
Casa das Ciencias
Domus
Aquarium Finisterrae
RESERVAS PARA OS DÍAS DE ENTROIDO
As persoas que desexen participar nalgunha destas visitas virtuais deben realizar unha reserva neste formulario, que estará aberto ata o xoves ás 20.00 horas.
10 de setembro de 2024
Xa está aberto o sistema de solicitude de reservas para as visitas de grupos escolares á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.
7 de setembro de 2024
Trátase dun programa Erasmus+ que se adentra na relación do cambio climático coa xenética e a saúde
15 de agosto de 2024
A instalación conta cunha piscina de illamento con subministración continua de auga salgada entre outras novidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible