No ano 2018 o Centro de Planeamento Familiar Municipal cumpriu 35 anos, ocasión que paga a pena celebrar visibilizando así o importante labor que vén facendo dende os seus inicios. Creado no ano 1983 polo Concello da Coruña, comezou a dar cobertura a unha das necesidades de saúde máis demandadas pola veciñanza, a atención á saúde sexual e reprodutiva que, no seu día, aínda non estaba contemplada como prestación sanitaria dentro da Seguridade Social.
Durante estes 35 anos de traballo o Centro mantivo o espírito innovador e reivindicativo que caracterizou o seu nacemento, de servizo á cidadanía e de acción polos dereitos sexuais e reprodutivos de todas as persoas, especialmente daquelas máis atravesadas polas violencias e a desigualdade: nenas, rapazas, mulleres e persoas LGBTIQ.
Faladoiro
Faladoiro 'Pasado, presente e futuro dos centros de planificación familiar en Galicia'. from Concello da Coruña on Vimeo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible