Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarde xove

Tarde xove

Programa educativo composto por obradoiros sobre saúde afectiva, emocional e sexual desde unha perspectiva de xénero. A través destes obradoiros ofrécense ferramentas educativas para promover unha sexualidade igualitaria, libre, sa e pracenteira.

O programa oferta unha serie de obradoiros con distintas temáticas que reflicten as influencias socioculturais na construción e na vivencia da propia sexualidade, poñen en valor as diversidades sexuais; e teñen en consideración os coñecementos científicos actuais con respecto á sexualidade humana, para promover unha vivencia positiva da propia sexualidade.

As entidades poderán escoller que temática ou temáticas dos obradoiros desexan solicitar, entre a listaxe de obradoiros ofertados.

LOCALIZACIÓN DO CENTRO

Só da Coruña

SERVIZO MUNICIPAL

Igualdade e Diversidade

TIPO DE ACTIVIDADE

Complementaria

A QUEN VAI DIRIXIDO?

As entidades da Coruña conformadas por mocidade ou que traballen con poboación xuvenil entre os 14 e os 22 anos.

HORARIO

De luns a venres. Acordarase coa entidade.

OBXECTIVOS

  • Crear un espazo e un clima de confianza onde poder falar, con liberdade e en condicións de igualdade das emocións, a afectividade e a sexualidade. 
  • Facilitar a revisión e o feito de que se cuestionen mitos, estereotipos e conceptos falsos relacionados coa sexualidade e cos roles de xénero.
  • Previr condutas sexistas mediante o fomento da corresponsabilidade.
  • Facilitar o coñecemento e cumprimento de aspectos vencellados aos dereitos sexuais e reprodutivos.
  • Promover que se cuestionen determinadas actitudes sexuais e afectivas (como poden ser as homófobas ou sexistas) e potenciar a aceptación e o respecto como base para unhas relacións positivas entre as persoas, desde a perspectiva de xénero.
  • Dotar de recursos e orientar cara a unha toma de decisións correcta e para asumir as responsabilidades en relación coa propia persoa e cara ás demais. 
  • Favorecer a prevención de condutas de risco.Facilitar alternativas condutuais saudables.
  • Ensinar estratexias e habilidades de xestión dos conflitos entre persoas, desexos, valores, normas sociais e culturais. 
  • Proporcionar unha relación de recursos e servizos de interese para a mocidade, en relación cos temas afectivo sexuais.

CONDICIÓNS DO PROGRAMA

As entidades deben solicitar os obradoiros e temáticas que lles resultaren de interese entre a listaxe de talleres ofertados. Os horarios, datas e lugar de realización dos obradoiros acordaranse con cada entidade. Desenvolveranse nos locais das entidades.

Como medidas de protección e seguridade fronte á Covid-19 estipularanse o uso de máscaras, o mantemento da distancia de seguridade entre as persoas e o establecemento dunha capacidade máxima de persoas para cada obradoiro en función das características do lugar de realización. Nunca poderá haber máis de 10 persoas por obradoiro.

OBRADOIROS OFERTADOS

  • Métodos anticonceptivos e transmisión de enfermidades e infeccións de transmisión sexual.
  • O ciclo menstrual e os distintos métodos de hixiene menstrual.
  • O pracer sexual: Como funciona o meu corpo?Anatomía e fisioloxía sexual, a resposta sexual humana, zonas eróxenas e autocoñecemento corporal.
  • O pracer sexual e a diversidade erótica: o erotismo,a diversidade de prácticas e desexos, a masturbacióne os mitos en torno ao pracer.
  • Aprendendo a relacionarnos sexualmente en positivo (ligar, consentimento, expresión e regulación emocional...)
  • Habilidades sociais. Desenvolvemento de habilidades para unha boa comunicación e negociación nas relacións sexuais e/ou afectivas.
  • Capitalismo afectivo e sexualidade "fast food":influencias contemporáneas para unha vivencia individualista e finalista da sexualidade
  • Xénero e sexualidade: estereotipos, estilos comunicativos, diversidade de eróticas e mandatos de xénero en torno á sexualidade de homes e mulleres.
  • A orientación e a identidade sexual. Coñecendo a diversidade sexual LGTBIQA+
  • Sexting: que é, riscos, beneficios, práctica de sexting seguro
  • Porno e educación sexual: concepcións éticas e morais en torno á pornografía, influencias na construción e vivencia da sexualidade.
  • Os dereitos sexuais e reprodutivos e a violencia sexual (agresión sexual, abuso sexual, acoso sexual,mutilación xenital feminina...).
  • Xénero, deporte e sexualidade.
  • Diversidade corporal e construción social do desexo: influencias na desexabilidade dos corpos,presións sociais e corporalidades socialmente "non desexables" (corpos andróxinos, trans*, gordos, con diversidade funcional, anciáns...).
  • Virxinidade: concepcións e influencias socioculturais na representación da "virxinidade",mitos e estereotipos en torno ás primeiras relacións sexuais.
  • Bullying e sexualidade: o acoso LGTBIQA+fóbico,a difusión de contidos sexuais sen consentimento e o acoso relacionado coa liberdade sexual.
  • Binarismo sexual, binarismo de xénero e interculturalidade. Excepcións ao binarismo nas diferentes culturas, a intersexualidade e a diversidade sexual nos planos biolóxico e sociocultural.

CONTIDOS

Os contidos dos obradoiros dependerán da temática escollida entre a listaxe dos ofertados. De todos os xeitos, traballaranse contidos e habilidades troncais en todos os obradoiros, como o respecto, a responsabilidade, a corresponsabilidade, a empatía, a escoita, a expresión de emocións, sentimentos e pensamentos, a capacidade crítica, a reflexión, o autocoñecemento e a aceptación, entre outras.

METODOLOXÍA

A metodoloxía das actividades adaptarase ás necesidades do grupo. Traballarase cunha metodoloxía activa e partipativa, baseada no intercambio de ideas e no traballo persoal. Crearase un clima en que ás persoas participantes lles resulte doado falaren das súas propias emocións,preocupacións e/ou vivencias.

Haberá unha parte de explicación teórica e outra parte de actuación e participación individual ou grupal.

CANDO

De setembro a novembro de 2020

INSCRICIÓNS

Asociación Galega para a Saúde Sexual (AGASEX)

educacion@agasex.org

CONTACTO

Centro de Planificación Familiar Municipal

R/ Tui, 19, 15002 A Coruña

coforillamar@coruna.es

Tel. 981 184 272

Graciela Cañás: traballadora social

Chus Díaz: psicóloga clínica

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión