O Centro de Planificación Familiar foi creado polo Concello da Coruña no ano 1983, cando a atención á saúde sexual e reprodutiva aínda non estaba contemplada como prestación sanitaria dentro da Seguridade Social. Os únicos centros que existían nese momento en Galicia eran os dependentes de Sanidade, un en cada provincia. Con esta iniciativa o Concello da Coruña trataba de dar cobertura a unha das necesidades de saúde máis reclamadas pola comunidade e totalmente desatendida por aquel entón.
O centro é de titularidade municipal ata 1986, ano no que Concello e o entón INSALUD asinan un concerto polo que as dúas administracións se comprometen a mantelo. Este concerto segue vixente hoxe en día co Servizo Galego de Saúde, polo que na actualidade é o único centro no que están comprometidas dúas administracións: a municipal e a autonómica.
Cómpre resaltar que en 1994 iniciouse un programa de atención a adolescentes que chamabamos “Tarde Xove”. Tiña como obxectivo ofrecerlles ás persoas menores de 20 anos, un espazo propio para facilitar o acceso á información sexual e á anticoncepción. Participaban no desenvolvemento do programa o Concello e o Servizo Galego de Saúde. Dende o mes de agosto do ano 2009 o programa foi suspendido pola xerencia do hospital (CHUAC) do mesmo xeito que o resto das actividades hospitalarias de tarde, co que se perdeu o único programa deste tipo que había en Galicia.
Concello da Coruña
Concellos de Cambre, Carral, Oleiros e Sada
Outros concellos da área sanitaria da Coruña
Horario de Atención
Dentro das actividades de promoción da saúde afectivo-sexual que o Centro Municipal de Planificación Familiar da Coruña vén facendo desde hai anos, queremos dar a coñecer o material didáctico Liberdade con Cadeas, sobre as diferenzas de valores e expectativas ligadas ao xénero, elaborado polo alumnado dos Institutos de Formación Profesional Tomás Barros e a Escola Pablo Picasso.
Lugares onde se dá gratuitamente:
Non vaias a urxencias do hospital. Non é unha urxencia hospitalaria e non teñen este tratamento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible