Concello da Coruña

Concello da Coruña

SUBSPYME2024

Premios ás boas prácticas das PEMES por conciliación, corresponsabilidade e igualdade

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sector público, Comercio

Órgano responsable:

Emprego, Empresa, Turismo, Porto, Mercados, Consumo

Vixente:

Si

Convocatoria de premios para o fomento no tecido empresarial do municipio como incentivo á posta en marcha de medidas de conciliación, corresponsabilidade e igualdade dentro das Pemes que se atopen radicadas no termo municipal da Coruña.

Premios ás boas prácticas das pemes por conciliación, corresponsabilidade e igualdade

Inscricións:

Dende o 23/09/2024 ata o 04/10/2024

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

PERSOAS BENEFICIARIAS, CANDIDATURAS:

  • Empresarios/as individuais, definidas para esta convocatoria como persoas físicas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de traballadores/as autónomos/as (RETA), en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

  • Micropemes, definidas para esta convocatoria como aquelas persoas xurídicas cuxo número medio de persoas traballadoras empregadas durante o exercicio inmediatamente anterior a esta convocatoria sexa inferior ou igual a 10.

  • Pemes, definidas para esta convocatoria como aquelas persoas xurídicas cuxo número medio de persoas traballadoras empregadas durante o exercicio inmediatamente anterior a esta convocatoria sexa maior que 10 ou igual ou inferior a 50.

No caso de persoas xurídicas, deberán estar inscritas no Rexistro Mercantil ou rexistro público correspondente con data anterior á data de finalización do prazo de presentación de candidaturas.

Non poderán optar aos premios entidades sen ánimo de lucro.

Requisitos:

Requisitos das persoas interesadas na candidatura a estes premios:

  1. Que radiquen no termo municipal da Coruña. En caso de desenvolver a súa actividade a través de establecemento permanente, que este se atope radicado no termo municipal da Coruña. No caso de que para o exercicio da actividade non se dispoña de establecemento permanente, que o seu domicilio fiscal estea dentro do termo municipal da Coruña.
  2. Que estean de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional correspondente e que sexan titulares dunha actividade económica e que teñan persoal contratado por conta allea na súa empresa.
  3. Que teñan xustificadas en prazo as subvencións anteriormente concedidas polo Concello da Coruña.
  4. Que se atopen ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social e co Concello da Coruña.
  5. Que declaren non ter débedas e/ou salarios atrasados.
  6. Os demais contemplados na Lei xeral de subvencións e demais normas de aplicación.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería de Emprego, Comercio e Mercados

Presentación

Prazo de presentación:

Do 23/09/2024 ao 04/10/2024

Documentación necesaria:

  • ANEXO I (Solicitude de participación en Premios conciliación-igualdade en pemes)

  • ANEXO II (Memoria de participación en Premios conciliación-igualdade en pemes).

  • Outra documentación complementaria segundo o indicado nas bases

Documentos relacionados

  • Anexo I - Solicitude (castelán) (554 KB)
  • Anexo I - Solicitude (galego) (549 KB)
  • Anexo II - Memoria (castelán) (496 KB)
  • Anexo II - Memoria (galego) (491 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Procedemento de tramitación telemática obrigatoria

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede Electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede Electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo de resolución será de nove (9) meses que se contarán dende o día da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de acordo co artigo 23.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

No caso de que sexan detectadas deficiencias na documentación presentada, realizaráselle un requirimento á persoa solicitante para a súa corrección, a través da Sede electrónica do Concello da Coruña. Dispoñerá de 10 días naturais para aceptar a notificación e de 10 días hábiles dende a aceptación para corrixir as deficiencias requiridas. No caso de non emendar nese prazo, considérase desistida a candidatura. No suposto excepcional de que as empresas gañadoras renunciasen ao premio, a candidatura seguinte por orde de puntuación pasará a ocupar o seu lugar, e así sucesivamente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión