Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo de Axuda a Domicilio - SAD Dependencia

Conxunto de atencións domiciliarias, dirixidas a persoas en situación de dependencia recoñecida, co fin de atender as necesidades básicas da vida diaria e incrementar a súa autonomía, posibilitando a permanencia no domicilio.

A quen vai dirixido?:

Persoas recoñecidas como dependentes que presenten dificultades para a realización de determinadas tarefas de carácter persoal ou doméstico e que teñan recoñecido o dereito a este servizo polo Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.

    Organiza:

    O servizo estará prestado por algunha da entidades prestadoras de servizos sociais ás que se lles adxudique contrato mediante concurso público.

    Requisitos:

    Residir no Municipio da Coruña. Estar recoñecida como persoa dependente e titular dun Programa individual de atención (PIA) no que se recoñeza o dereito ao acceso ao Servizo de Axuda a Domicilio Dependencia.

    Prazo de presentación:

    Durante todo o ano.

    Remuneración / Dotación:

    É unha prestación de servizos domiciliarios por un/a Auxiliar de Axuda a domicilio. A tarefas estableceranse no proxecto de intervención unha vez acordadas coa persoa dependente e/ou familia e que se centrarán en atencións de carácter persoal e doméstico, encamiñadas a atender as necesidades básicas da vida diaria e incrementar a súa autonomía.

    A temporalidade do servizo estará fixada no PIA (Proxecto Individual de Atención) que establecese a Xunta de Galicia en función do Grao de Dependencia recoñecido.

    Existen dúas modalidades:

    SAD Dependencia: dirixido a persoas con recoñecemento a través do Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia de Galicia (S.A.A.D.) cuxo Programa Individual de Atención (PIA) establece a prestación de Axuda a Domicilio.

    SAD Dependencia/Respiro: igual modalidade que o anterior mais con menor intensidade horaria (tamén establecida no PIA) xa que está orientado a proporcionar un apoio de respiro á familia e/ou persoa coidadora.

    Máis información:

    A esta prestación soamente poderase acceder despois da resolución do grao de dependencia e a asignación deste recurso polo Sistema de atención á dependencia e promoción da autonomía persoal.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión