Consiste nunha prestación económica individual periódica que lles asegura ás persoas xubiladas e en situación de necesidade uns ingresos económicos, asistencia médico-farmaceútica gratuíta e servizos sociais complementarios aínda que non se cotizase ou sexa unha cotización insuficiente para unha pensión contributiva.
Persoas maiores de 65 anos.
Requisitos:
- Ter uns ingresos ou rendas propias inferiores á contía da pensión.
- Residir legalmente no territorio español e telo feito durante 10 anos entre a idade de 16 anos e a data dende a cal ten dereito a percibir a pensión. Dous deles teñen que ser consecutivos e inmediatamente anteriores á data da solicitude.
- Persoas nacionais da Unión Europea que totalicen o período de residencia mencionado no apartado anterior no territorio de calquera estado membro.
- Que os ingresos ou rendas da unidade de convivencia non superen o límite de acumulación de recursos (información no propio impreso):
- Solicitante que vive con familiares unidos por matrimonio ou parentesco de segundo grao: o límite equivale á contía, en cómputo anual, da pensión máis o resultado de mulitiplicar o 70% da cifra anterior polo número de conviventes menos un.
- Solicitante que vive con familiares de primeiro grao: o límite equivale á contía calculada anteriormente mulitiplicada por 2,5.
Xunta
Durante todo o ano.
O impreso de solicitude cuberto adecuadamente, asinado pola persoa solicitante ou persoa que a representa, acompañado dos documentos que sexan preceptivos.
Se os ingresos, en cómputo anual, son inferiores á contía da pensión para o 2013 (5.108,60 €) e se convive con familiares, cúmprese o requisito cando a suma das rendas ou ingresos anuais dos membros da unidade económica de convivencia sexan inferiores ás seguintes contías:
LIMITE DE ACUMULACIÓN DE RECURSOS da unidade económica de convivencia 2013
Núm. membros 2º grao 1º grao
1 5.108,60
2 8.684,62 21.711,55
3 12.260,64 30.651,60
4 15.836,66 39.591,65
5 19.412,68 48.531,70
6 22.988,70 57.471,75
7 26.564,72 66.411,80
1º grao: convivencia entre cónxuxes, netos, irmáns, etc).
2ª grao: convivencia entre pais e fillos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible