Concello da Coruña

Concello da Coruña

Equipo de Atención Social Novoboandanza

Enderezo:

Centro Cívico Novoboandanza. Rúa Monasterio de Bergondo 13, 3º, 4º y 5. 15010 A Coruña

Teléfono:

981 189 884

Servizos:

Servizo de atención inmediata (SAI) sen cita previa

Servizo de información,valoración e orientación (SIVO) con cita previa

Servizo de xestión de prestacións e emisión de informes

Servizo de educación e apoio familiar

Horario:

Información xeral (SIVO): Excepto os mércores, de luns a venres de 09:00 a 14:00

Atención inmediata (SAI): Excepto os mércores, de luns a venres de 09:00 a 14:00

Pódese solicitar cita a través de Internet.

Este é un equipo composto por:

  • Unha traballadora social que atende ao Servizo de Atención Inmediata (SAI).
  • Unha traballadora social de referencia para as usuarias e usuarios das zonas atendidas por este equipo de atención social (EAS).
  • Unha educadora social.
  • Unha auxiliar de atendión cidadá

Desde este equipo dáse a primeira atención ás demandas da cidadanía en materia de servizos sociais e doutros sistemas de protección social, así como a atención socioeducativa que corresponde en cada caso particular.

Para coñecer as zonas que son atendidas exactamente por este equipo débese consultar no propio centro cívico ou no teléfono de atención cidadá 010.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión