Dar apoio á persoa directamente ou axudándoa nas xestións que sexan necesarias para obter un recurso concreto ante unha demanda dun recurso ou servizo que pertence a outro sistema de protección social como Seguridade social, Emprego, Vivenda, Sanidade, Educación, Administración civil, Administración de xustiza etc.
Toda a poboación.
Concello da Coruña.
Durante todo o ano.
O apoio poderá consistir en proporcionar unha información, asesoramento ou facer un trámite concreto, realizar un informe social ou obter información que posibilite á persoa o acceso ao recurso que solicitou.
Nalgún caso a traballadora social poderá derivar a programas ou servizos que completen a atención a cada persoa/familia.
Entidades
Programa ao que pertence
Prestacións relacionadas
Trámites
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible