Concello da Coruña

Concello da Coruña

Solicitude de substitución de sancións a menores por consumo de alcol

En que consiste?:

Solicitude de substitución da sanción correspondente, debido ao consumo de bebidas alcohólicas, pola realización dun programa informativo, formativo e de reflexión sobre o consumo de alcol

Onde se fai?:

En calquera dos rexistros municipais

A quen vai dirixido?:

Menores de idade que recibisen unha sanción por  infraccións reguladas na Lei 11/2010, do 17 de decembro, de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.

Requisitos

Ter sido sancionado/a

Presentar a solicitude en calquera dos rexistros municipais coa sinatura do/da menor, de ambos os proxenitores ou os seus representantes legais

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

No prazo de dez días a partir do día seguinte á recepción da notificación da multa

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir e entregar asinada a folla de solicitude

Como se fai?:

Cúbrese o impreso que se recibe coa imposición da sanción, asínao o/a menor e os seus representantes legais e entrégase en prazo en calquera das sedes de Rexistro municipal de entrada de documentos

Internet

Teléfono

Máis información:

O programa de substitución da sanción dura como máximo 300 horas. Cada hora realizada equivale a 20 euros de multa.

Este programa realízase en ADAFAD, entidade colaboradora do Concello da Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión