Esta prestación ten por obxecto a concesión de axudas económicas individuais a persoas con discapacidade que, por estaren gravemente afectadas na súa mobilidade, teñan problemas para utilizar os transportes públicos colectivos, co obxecto de proporcionarlles un servizo de desprazamentos en taxi.
Persoas con discapacidade que, por estaren gravemente afectadas na súa mobilidade, teñan problemas para utilizar os transportes públicos colectivos.
Concello da Coruña
Ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei xeral de subvencións, son requisitos os seguintes:
Ser maior de 3 anos.
Residir no termo municipal do Concello da Coruña e constar como persoa empadroada nel.
Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade mediante resolución (ou documento equivalente) do organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración competente na que conste que a discapacidade lle afecta gravemente á súa mobilidade e lle impide utilizar os transportes públicos colectivos.
No caso de que a persoa solicitante estea en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo. Nin tampouco ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.
Non constar como titular de vehículo, segundo os datos rexistrados no Rexistro de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico.
Non dispoñer dunha capacidade económica, calculada conforme ao establecido nas bases da convocatoria, superior ao 210% do IPREM vixente.
Estar ao corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), co Concello da Coruña, así como coa Tesourería da Seguridade Social.
Na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade
Tamén che pode interesar
Programa ao que pertence
Prestacións relacionadas
Trámites
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible