Concello da Coruña

Concello da Coruña

Renda de integración social de Galicia -Risga

É unha prestación periódica destinada a garantir recursos económicos de subsistencia ás persoas que carezan deles, mediante un proxecto personalizado de inserción formado por un conxunto de accións que melloren a integración persoal, familiar, social ou laboral.

A quen vai dirixido?:

Persoas pertencentes a colectivos específicos.

Organiza:

Consellería de Traballo e Benestar Social - Xunta de Galicia.

Requisitos:

  • Ter unha idade comprendida entre 25 e 65 anos, excepto:
    • Menores desta idade que reúnan o resto de requisitos e que teñan menores a cargo
    • Maiores de 18 anos que teñan recoñecida a condición de minusvalía e non teñan dereito a prestación ou axuda de igual ou análoga natureza
    • Maiores de 18 anos, que antes de alcanzar a maioría de idade, estivesen tuteladas pola Xunta de Galicia e internadas en centros de protección de menores ou en acollemento familiar.
    • Maiores de 18 anos, que reúnan o resto de requisitos, e estean en situación de orfandade absoluta e sen dereito a outras prestacións ou axudas de similar natureza
  • Estar empadroado/a ou ter residencia efectiva en calquera concello da Comunidade autónoma de Galicia polo menos durante 1 ano inmediatamente anterior á presentación da solicitude ( excepto mulleres vítimas de violencia de xénero, emigrantes galegos retornados sempre que fixen a súa residencia en Galicia, cidadáns doutros estados non membros da Unión Europea que ademais necesitarán acreditar a súa residencia legal en España no momento de presentar a solicitude de RISGA
  • Ter constituída unha unidade de convivencia independente vinculada economicamente á persoa solicitante
  • Dispor de recursos económicos inferiores á contía económica da RISGA que no seu caso lle corresponda
  • Que non existan persoas legalmente obrigadas a prestar alimentos e con posibilidade real de facelo.

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Remuneración / Dotación:

Prestación socioeconómica.

Máis información:

As persoas solicitantes poden dirixirse para a tramitación da RISGA ás unidades de atención social dos servizos sociais municipais.

Tamén poden dirixirse á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar social da xunta de Galicia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión