Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo de atención inmediata a persoas sen fogar

Prestación que atenda a persoas que se atopan na rúa por non ter un lugar onde pasar a noite e non teñen medios para satisfacer as súas necesidades básicas.

Ofrecerase información e/ou a xestión dos recursos municipais e das entidades sociais locais que estean dispoñibles para dar resposta á as necesidades detectadas. A atención prestada tentará ofrecer alternativas inmediatas e poñer en marcha procesos de intervención para mellorar as súas condicións de vida.

A quen vai dirixido?:

Persoas en situación de rúa, sen fogar.

Requisitos:

Maiores de idade localizados no termo municipal, que careza de aloxamento onde pasar a noite e de medios para satisfacer as súas necesidades básicas.

Solicitar a atención deste Servizo.

Prazo de presentación:

Todos os días laborables durante todo o ano

Máis información:

Accións desenvolvidas por esta prestación:

- Atención á persoa: non é necesaria cita previa.

Centro Cívico de Monte Alto.

Luns a Venres de mañá de 9:00 a 15:00 horas

- Recepción de información: recollerase por vía telefónica ou electrónica a remitida por calquera persoa que teña coñecemento sobre algunha situación ou localización.

- Atención no lugar de localización: cando as situacións así o requiran.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión