Prestación -cofinanciada polo Fondo Social Europeo, enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, situada no eixo prioritario 2, no seu obxectivo 9 "Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación"- a través da cal e con outras accións, establécese un proceso de axuda profesional continuada no tratamento das dificultades e conflitos que se presentan en cada usuario.
Acordarase coa persoa un plan de actuación que permita superar as dificultades e carencias graves que estan presentes na súa vida, e que a levan a unha situación de exclusión social ou de risco con consecuencias graves no seu mantemento e desenvolvemento de vida.
Maiores de idade que residan no termo municipal
A persoa terá que pedir cita no Servizo de orientación, Información e Valoración (SIVO).
A valoración da persoa profesional do devandito servizo determinará que poida ser atendido desde este programa.
Todos os días laborables durante todo o ano
Entidades
Programa ao que pertence
Prestacións relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible