Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Mediante o programa Talón Restaurante Municipal, proporciónanse menús equilibrados naqueles establecementos hostaleiros que participan no programa.
Así, as persoas beneficiarias, obteñen un talonario mensual de entre 10 e 25 bonos, cun valor de 4,44 € ou de 6 € cada talón, aboando en metálico a cantidade restante para completar o prezo do menú.
A quen vai dirixido?:
Persoas maiores de 65 anos
Pensionistas de xubilación, viuvez e invalidez maior de 60 anos
Vítimas de violencia de xénero, maiores de 60 anos (con sentenza condenatoria ou orde de protección en vigor ou previo informe técnico ou acreditación do Centro Municipal de Información ás Mulleres ou da Rede Municipal de Acollida).
Persoas menores de 65 anos con discapacidade igual o superior ao 65 %, que sexan familiares conviventes de persoas beneficiarias do Talón Restaurante.
Organiza:
Concellaría de Igualdade, Benestar social e Participación. Concello da Coruña
Requisitos:
Das persoas beneficiarias:
Estar empadroadas e ter residencia efectiva no Concello da Coruña.
Non ser beneficiario/a de o programa municipal de comida a domicilio.
Manter un nivel de autonomía persoal que lle permita saír ao exterior.
Ter unha capacidade económica mensual igual ou inferior ao 200% do IPREM mensual vixente en cada momento.
Alcanzar a puntuación mínima do baremo de acceso ao programa (1 punto).
Valoración positiva de acceso ao programa, realizada polo persoal técnico da Oficina de Dependencia, Maiores e Discapacidade (OMAD), motivada na conveniencia de potenciar e manter a súa relación social por insuficiencia da rede de apoio, á vez que unha nutrición equilibrada.
Dos establecementos hostaleiros adheridos ao programa:
Presentar condicións de hixiene, de instalacións e acondicionamento adecuados.
Ofrecer ao público en xeral un menú que non supere os 9 € de prezo e que inclúa, polo menos, a elección de dous primeiros pratos, dous segundos, bebida e sobremesa.
Servizo de menús de luns a sábado.
Colocar en sitio visible do establecemento, o anagrama municipal identificativo do programa.
Prazo de presentación:
Durante todo o ano
Remuneración / Dotación:
Cada talón ten un valor, IVE incluído, de 4,44 € ou de 6 €, dependendo da situación económica da persoa solicitante. O de menor importe é para persoas con igual ou superior capacidade económica do IPREM vixente e o de maior importe para persoas con capacidade económica inferior ao IPREM vixente.
Por cada menú consumido, a persoa beneficiaria entregarálle ao establecemento un talón e aboará a cantidade restante ata completar o prezo do menú en metálico.
Como o prezo máximo do menú dos establecementos participantes non poderá superar os 9 €, as persoas beneficiarias do programa, aboan en metálico unha cantidade por menú que nunca superará os 4,56 €.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible