Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de atención a urxencias sociais

Obxecto:

Dar respostas inmediatas ás situacións de urxencia formuladas, dando paso á súa atención posterior dende outros programas ou servizos.

A quen vai dirixido?:

Persoas en situación de especial vulnerabilidade: maiores de idade, menores, persoas con discapacidade, persoas sen fogar, enfermos crónicos, etc.

Recursos materiais:

Vehículo utilizado para traslado ao lugar da urxencia e traslado de usuarios no marco da intervención.

Recursos humanos:

Dúas técnicas de servizos sociais.

Requisitos:

Situacións con carácter de emerxencia social que teñan lugar de luns a venres de 18.00 a 08.00 h e días non laborables as 24 h. 

Máis información:

Para activar o servizo é necesario chamar á Policía Local (092) ou á teleoperadora do Servizo de Teleasistencia os seus beneficiarios.

Enderezo:

Cruz Vermella

Con ese programa compleméntase as actuacións e intervencións dos servizos sociais.

Trata de atender a persoas en situación de especial vulnerabilidade e asegurar a resposta ás emerxencias non médicas de forma coordinada con outros servizos existentes nesta cidade.

Serán actuacións inmediatas a persoas que de forma imprevista se encontren en situación de urxencia social, cando os servizos sociais municipais e outros dispositivos públicos ou privados non estean operativos.

Programa municipal desenvolvido en colaboración coa Cruz Vermella.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión