Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de fomento da colaboración, solidariedade e voluntariado social

Obxecto:

Atender as demandas e asesorar a persoas, colectivos, profesionais, asociacións e entidades que traballan no ámbito da cooperación, solidariedade e voluntariado social.

Realizar actividades, proxectos e programas de promoción e reinserción social mediante convenio e/ou subvención co concello, ofrecer información dos recursos existentes e xestionar e tramitar os convenios e subvencións coas entidades para o desenvolvemento dos diferentes proxectos.

Informar e orientar a persoas e colectivos interesados para a participación en accións de voluntariado social que se desenvolven nos centros dependentes da Concellería de Servizos Sociais e nas entidades sociais da cidade.

A quen vai dirixido?:

Entidades do terceiro sector que realicen proxectos de accións e actividades relacionados coa cooperación e a solidadridad social.

Persoas e colectivos interesados en accións e actividades en materia de voluntariado social.

Requisitos:

En materia de cooperación e solidariedade social, os requisitos establecidos en cada convocatoria anual.

En materia de voluntariado social formalizar o acordo/compromiso de colaboración.

Este programa pretende contribuír, mediante o apoio a persoas voluntarias, asociacións, entidades e organizacións non gobernamentais (ONG), ao desenvolvemento de iniciativas solidarias, de voluntariado social e de cooperación nos países en vías de desenvolvemento e na propia cidade, con especial atención aos colectivos máis desfavorecidos e con maiores necesidades sociais e ás persoas con discapacidade,

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión