Concello da Coruña

Concello da Coruña

Plan municipal de saúde mental

Plan municipal de saúde mental

O Goberno local, a través da Concellería de Benestar Social, pon en marcha o primeiro Plan municipal de saúde mental.

O tratamento da saúde mental das persoas como un asunto de saúde pública levouse a debate por primeira vez hai case 20 anos, cando a Declaración de Helsinqui recoñeceu a importancia de abordar esta cuestión. Foi un primeiro paso para poñer sobre a mesa unha cuestión que ata entón era tabú e que só tras a pandemia da COVID-19 ocupa un lugar importante no debate social.

A elaboración do Plan municipal de saúde mental 2024-2028 comezou cunha serie de entrevistas a coruñesas e coruñeses que achegaron a súa experiencia con problemas de saúde mental que están a vivir ou xa superaron. Entre as persoas participantes houbo vítimas de violencia de xénero ou intrafamiliar, que viviron ou viven situacións de precariedade económica, que tiveron ou teñen adicción a substancias ou que sufriron acoso escolar, así como persoas afectadas por enfermidades de tipoloxía dexenerativa, entre outras.

Na elaboración do plan, liderado pola Concellería de Benestar Social, participou persoal experto do Sergas, o CHUAC, a UDC, centros de saúde da cidade, o tecido asociativo e as persoas que integran o Consello Local de Saúde e tamén centros educativos da Coruña.

Catro liñas estratéxicas

  1. Promover o benestar emocional da poboación e previr a aparición de trastornos mentais mediante a promoción da saúde
  2. Facilitar o acceso aos recursos para asegurar unha atención integral ás necesidades das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias
  3. Fomentar a capacitación profesional destas persoas
  4. Integrar a promoción da saúde mental no conxunto da actividade municipal
Plan Saúde Mental

Medidas a curto, medio e longo prazo

Sobre estes eixes vertébranse máis de medio cento de medidas específicas: algunhas xa en curso, e outras que se desenvolverán a curto, medio e longo prazo, que implican a servizos municipais como Benestar Social, Educación, Mocidade, Cultura, Emprego e Seguridade Cidadá.

En marcha

Reforzo da programación de actividades de lecer alternativo para a mocidade

Dar continuidade á reserva social nas ofertas de emprego público do Concello para contratar persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social.

A curto prazo

Reforzar a oferta de actividades orientadas á educación emocional e resolución de conflitos.

Fomentar o acceso efectivo das persoas en situación de precariedade á oferta de actividades deportivas na cidade, con prezos reducidos ou bonificados.

Promover a creación dun grupo de apoio mutuo entre familiares de persoas con problemas de saúde mental.

En paralelo, un novo grupo de traballo permanente integrado por persoal dos servizos sociais municipais, profesionais dos campos sanitarios e sociosanitarios e educativo, para articular respostas integrais e coordinadas.

A medio prazo

Fortalecer os recursos habitacionais da cidade para persoas sen fogar, co impulso de vivendas de transición.

Posta en marcha dun programa para favorecer a inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental

En paralelo, aos equipos municipais iranse incorporando máis perfís relacionados coa atención á saúde mental.

A longo prazo

Promocionar a creación de vivendas de apoio, seguimento e titorización para a vida autónoma das persoas con trastornos mentais, en colaboración con entidades especializadas e a Administración sanitaria, xa que non hai que esquecer que a saúde mental é un problema sanitario e que as competencias en materia sanitaria correspóndenlle á Xunta de Galicia.

Plan de saúde mental

Seguimento do plan

Unha comisión de seguimento avaliará ano a ano o estado de execución do plan. Estará integrada por representantes municipais, do tecido asociativo da cidade e da Administración sanitaria galega.

Esta comisión, que se reunirá unha vez ao ano -no primeiro semestre- velará polo cumprimento das directrices establecidas e tamén estará atenta ás novas demandas que poidan xurdir.

Estipulouse unha avaliación específica no período intermedio do plan, no ano 2026, co obxectivo de analizar ou reorientar as medidas ou iniciativas no caso de que fose preciso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión