Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Solicitude de convenios nominativos con entidades para a realización de actividades de interese social

En que consiste?:

Os convenios nominativos financian a promoción toda clase de actividades e a prestación de cuantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal.

A quen vai dirixido?:

As persoas físicas, as xurídicas validamente constituídas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens e calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Requisitos:

  • Estar incluído no Anexo de Transferencias dos Orzamentos Xerais do Concello, que a entrega se realice sen contraprestación directa dos beneficiarios, que a entrega estea suxeita ao cumprimento dun determinado obxectivo, á realización dunha actividade, coa obriga do beneficiario de cumprir as obrigas materiais e formais que se estableceron e que o proxecto financiado teña por obxecto o fomento dunha actividade de utilidade pública ou interese social ou de promoción dunha finalidade publicatoria.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

A solicitude de subvención presentarase na sede electrónica do Concello da Coruña ou ben a través dos restantes rexistros electrónicos aos que fai referencia o artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Canles de presentación

  • Presencial

    Presencial

    Como se fai?:

    • Internet

      Internet

      Que se necesita?:

      1. Os datos da entidade e do seu representante legal.

      2. A documentación que se presenta

      • A declaración responsable de que a entidade non está incursa en ningunha das prohibicións que para ser beneficiario dunha subvención establécense no artigo 13 da Lei xeral de subvencións.
      • Declaración responsable da data de aprobación dos estatutos e/ou, no seu caso, da última modificación.
      • Está validamente constituída.
      • Ten obxectivos e finalidades coincidentes co obxecto da subvención, de acordo cos seus estatutos.
      • Carece de fins de lucro no desenvolvemento da súa actividade.
      • Ten sede social ou delegación no termo municipal da Coruña.
      • Non ten pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo concello da Coruña.
      • Está ao corrente nas súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social, e co Concello.
      • Comprométese, se é o caso, a que todo o persoal dedicado á realización de actividades que impliquen contacto habitual con menores, cumpre co requisito previsto no artigo 13.5 da lei orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.

      3. No seu caso, a autorización para que o órgano concedente obteña de forma directa os certificados de non ter débedas coa Axencia Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade e o Concello da Coruña. En caso contrario deberá achegalos directamente.

      Como se fai?:

      A solicitude de subvención presentarase na sede electrónica do Concello da Coruña ou ben a través dos restantes rexistros electrónicos aos que fai referencia o artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

      Impresos necesarios:

      • Solicitude.
      • Memoria explicativa da actividade (Anexo 1).
      • Orzamento de ingresos e gastos da actividade (Anexo 2).
      • Certificado do Secretario da entidade co Vº Bº do seu Presidente, no que se indiquen as subvencións solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
      • Certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social.
      • Declaración de non acharse incurso en ningún dos supostos de prohibición para a obtención da condición de beneficiario que fixa o artigo 13 da LGS 38/2003, así como do compromiso de participación nun acto de presentación dos proxectos subvencionados no caso de que fose requirido para iso pola Concellaría.
      • No caso de que os documentos esixidos xa estivesen en poder de calquera órgano do Concello da Coruña, o solicitante poderá acollerse ao establecido no parágrafo f) do art. 35 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, no seu caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.
      • Certificación do Secretario co Vº Bº do Presidente acreditativa do nomeamento do representante da entidade que vai asinar o convenio. Documento relativo ao representante legal da entidade.
      • Documento acreditativo do compromiso da entidade de presentar a xustificación das subvencións concedidas no prazo de dous meses desde a data de finalización das actividades.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible