Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Revisión do PXOM formúlaa o Concello da Coruña

Para a redacción do documento, o Concello contratou unha asistencia técnica (financiada ao 50% pola Conselleira de Política Territorial, en virtude de convenio subscrito entre a Conselleira e o Alcalde) cun equipo dirixido polo Profesor D. Joan Busquets.

¿Cales son os fitos na tramitación da revisión do Pgom?.

Estudos sectoriais, diagnóstico, documento previo.

  1. Aprobación inicial
  2. Aprobación provisional
  3. Aprobación definitiva
  4. Entrada en vigor

Tramitación

Inicio dos traballos

Conforme á Lei 6/2007, de 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, o concello comunicará á Consellería de Medio Ambiente o inicio da tramitación da Revisión do Plan Xeral, acompañando un documento de inicio que incluirá os seguintes aspectos :

  1. Os obxectivos da planificación.
  2. O alcance e contido da planificación, das propostas e das súas alternativas.
  3. O desenvolvemento previsible do plan ou programa.
  4. Os efectos ambientais previsibles.
  5. Os efectos previsibles sobre os elementos estratéxicos do territorio, sobre a planificación sectorial implicada, sobre a planificación territorial e sobre as normas aplicables.

A Consellería de Medio Ambiente, no prazo de tres meses desde a recepción da documentación necesaria, trasladará ao órgano promotor o documento de referencia de conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 9/2006, de 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.

O Concello elaborará o informe de sustentabilidade ambiental de acordo co disposto no artigo 8 da Lei 9/2006, de 28 de abril, e segundo os criterios contidos no documento de referencia redactado polo órgano ambiental.

Aprobación inicial

Unha vez elaborado o plan e antes da súa aprobación inicial, o expediente completo remitirase ao Conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio para a emisión de informe, que haberá de ser emitido no prazo de tres meses.

Emitido o informe ou transcorrido o prazo para a súa emisión, o concello procederá á súa aprobación inicial, función que corresponde ao Pleno da Corporación. O acordo de aprobación inicial deberá ser adoptado pola maioría absoluta do número legal de membros da Corporación.

A aprobación inicial determina a suspensión do procedemento de concesión de licenzas, naquelas áreas e para os usos que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación.

Información pública

Seguidamente será sometido ao trámite de información pública, como mínimo durante un mes e como máximo durante dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia.

Non será precisa a notificación do trámite de información pública aos propietarios de terreos afectados.

Ao mesmo tempo que o trámite de información pública, a Administración municipal deberá solicitar das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios, que haberán de ser emitidos no prazo máximo dun mes, salvo que a lexislación sectorial sinale outro prazo. Simultaneamente e durante o mesmo prazo, darase audiencia aos municipios limítrofes.

En todo caso, remitirase á Consellería de Medio Ambiente o plan aprobado inicialmente con todos os documentos que o integran, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, someterase simultaneamente ás consultas previstas no documento de referencia e a información pública durante o prazo mínimo de dous meses, mediante anuncios que se publicarán na forma que determine a lexislación reguladora do procedemento de aprobación do plan

Os servizos técnicos e xurídicos municipais deberán emitir informe respecto da conformidade do plan coa lexislación vixente e a calidade técnica da ordenación proxectada

Aprobación Provisional.

Rematado o trámite de información pública a aprobación provisional correspóndelle ao Pleno do Concello, mediante voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da Corporación.

Aprobado provisionalmente o plan, remitirase o expediente completo e debidamente diligenciado á Consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio.

Aprobación definitiva

Unha vez que o expediente estea na Consellería , no prazo dun mes será analizado para detectar posibles deficiencias ou omisións de trámite, e a continuación poderán producirse calquera destas situacións:

  1. Requirimiento para corrección de deficiencias
  2. Aprobación definitiva
  3. Aprobación parcial
  4. Denegación de aprobación definitiva

A aprobación definitiva do plan pode producirse por silencio administrativo se transcorren tres meses desde a entrada do expediente completo no rexistro do órgano competente sen que este tivese comunicado resolución; sempre que o plan conteña os documentos e determinacións preceptivos.

Por ser unha disposición administrativa de carácter xeral, non poderá ser recorrida en vía administrativa. Só cabe o recurso contencioso-administrativo nos termos previstos na lexislación aplicable.

Os concellos poderán solicitar do Consello da Xunta a delegación da competencia de aprobación definitiva do Plan Xeral, a condición de que estes conten con plan xeral aprobado, servizos técnicos, xurídicos e administrativos adecuados e exercesen competencias urbanísticas de acordo cos principios de colaboración, coordinación, asistencia activa e información entre a administración municipal e a autonómica.

artigo 18 da Lei 9/2006, de 28 de abril.

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión