Afundación é a fundación de obra social de Abanca, que busca realizar unha acción educativa, social e cultural que contribúa a mellorar a sociedade galega dentro e fóra de Galicia e posibilite o desenvolvemento integral das persoas.
(+34) 981 927 615
Organización de concertos, exposicións e conferencias
Visitas guiadas a exposicións
Ciclos de conferencias
Teatro
Recepción:
Luns a sábado e festivos (excepto domingos) de 09.00 a 21.00 horas
Exposicións:
Inverno (setembro a xuño):
Luns a venres de 17.00 a 21.00. Sábado e festivos (excepto domingos) de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas
Verán (xullo e agosto):
Luns a venres de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 h. a 22.00 h. Sábado, domingo e festivos de 11.00 a 22.00 h.
Consultar
Na súa sede situada no Cantón Grande podemos observar un edificio vangardista que simula unha grande onda que se interna nos Cantóns. Así definiu o arquitecto británico Nicholas Grimshaw o seu proxecto para o edificio de Afundación, xa coñecido como "a onda de cristal". Concibido como centro sociocultural de referencia, é un espazo onde se realizan exposicións, espectáculos, conferencias ou talleres, entre outros.
O edificio dispón de espazos equipados coa máis avanzada tecnoloxía para realizar exposicións, espectáculos, simposios, conferencias e un amplo elenco de actividades e talleres. Conta con auditorio, sala de múltiples usos, sala de exposicións e un pequeno salón de actos.
O Royal Institute of British Architects (RIBA) concedeulle en 2006 a esta construción un dos premios European Awards.