Poboado protohistórico situado no termo municipal da Coruña. O castro está delimitado por murallas. O espazo habitado excede as 4 hectáreas e é un dos máis grandes da Galicia setentrional.
Outubro a xullo: os domingos ás 12.00 h
Agosto e setembro: sábados e domingos ás 12.00 h
Consta de tres recintos amurallados nos que as escavacións arqueolóxicas están a sacar á luz as diferentes construcións que se poden observar na visita. Os materiais obtidos nas escavacións son estudados e exhibidos no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón , entre eles, o conxunto de pezas áureas coñecido como o "Tesouro de Elviña".
O Castro de Elviña é un poboado protohistórico que estivo habitado entre o século III a.C. e o século IV d.C. O recinto consta de tres espazos amurallados. A croa, ou zona máis elevada, está rodeada dunha muralla duns 4 ou 5 m de altura e no seu interior agrúpanse as pequenas construcións. As terrazas inferiores mostran murallas de menores dimensións e edificacións diversas, como o singular pozo-alxibe.
Está declarado Ben de Interese Cultural (BIC).
VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS
Acceso: accédese ao Castro desde a vía que comunica o Campus Universitario de Elviña co Campus Universitario da Zapateira.
Punto de encontro: entrada ao Castro de Elviña (as persoas visitantes deben estar 10 minutos antes da hora de visita ao castro na entrada).
Duración: hora e media aproximadamente.