Concello da Coruña

Concello da Coruña

Quiosco Alfonso

En plenos xardíns de Méndez Núñez, o Quiosco Alfonso, un precioso edificio de estilo Modernista, alberga exposicións de diversa temática que poden poñer o broche perfecto a un paseo polo centro da cidade.

Enderezo:

Xardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Teléfono:

(+34) 981 189 898

Fax:

(+34) 981 189 897

Servizos:

Exposicións artísticas, informativas, fotográficas, de deseño industrial e gráfico, arquitectónicas, holográficas, etc. así como conferencias, mesas redondas e edicións de catálogos.

Accesible para persoas con discapacidade.

Horario:

Luns a domingo das 12.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 21.00 h

Prezo / Custo:

Entrada gratuíta

Este edificio, de máis dun século de antigüidade, inaugurouse en 1913 tras ser deseñado polo arquitecto Rafael González Villar e recibiu o seu nome do Rei Alfonso XIII para conmemorar a súa visita á cidade.

Antigo café, sala de festas e cinema. A pantalla de cinema partía a sala en dúas, os espectadores que vían a película ao revés pagaban menos. Convertido en 1982 en palacio de exposicións, conserva a decoración orixinal e unha fantástica da fachada, con dragóns de ferro creados na fundición Wonenburger.

Ao longo do ano acolle importantes mostras como a que se realiza anualmente con motivo do Festival Viñetas desde o Atlántico, entre moitas outras.

Documentos relacionados

  • Catálogo de Miguel Zelada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión