A orixe do Museo Histórico Militar está relacionado co desaparecido Parque da Maestranza de Artillería da Coruña, cando no ano 1858 reúnese unha colección de maquetas de pezas, carruaxes e máquinas, xunto con armamento almacenado procedente das guerras Carlistas.
+ (34) 981 206 791
http://www.ejercito.mde.es/unidades/Madrid/ihycm/Museos/coruna.html
Luns a sábado de 10:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 19:30 h. Domingo e festivos de 10:00 h. a 14:00 h.
Entrada gratuíta.
No seu interior unha rica e variada exposición permanente informa e testemuña as vivencias e inquietudes dos exércitos, a través de coleccións de armas, uniformes, bandeiras, fondos de pintura, escultura ou maquetas que dan lugar a unha colección de máis de 1.600 obxectos dos séculos XVIII, XIX e XX.
Museo Rexional Militar desde 1988, está situado no emprazamento que ocupaba a Xefatura de Artillería e que fora, desde o século XVI, sucesivamente, convento, almacén de municións, cuartel de veterinaria, presidio, cuartel da Garda Civil e comandancia de Artillería.