O Museo de Belas Artes é un dos espazos culturais máis destacados de Galicia. A súa actual sede, construída sobre as ruínas dun antigo convento do século XVIII, é o resultado dun proxecto deseñado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto, inaugurado en 1995 e gañador do Premio Nacional de Arquitectura en 1997.
+ (34) 881 881 701
Martes a venres de 10:00 h. a 20:00 h. Sábado de 10:00 h. a 14:00 h. e 16:30 h. a 20:00 h. Domingo de 10:00 h. a 14:00 h.
Entrada xeral: gratuíta temporalmente (2,40 € tarifa habitual)
Entrada reducida: gratuíta temporalmente (1,40 € tarifa habitual)
O Museo de Belas Artes da Coruña nace en 1922 por iniciativa dun grupo de intelectuais, artistas e amantes da arte da cidade da Coruña. Abre as súas portas o 23 de setembro de 1947 e comeza a misión de conservar, expoñer e divulgar o noso patrimonio cultural.
A súa visita ofrece un percorrido expositivo desde o século XVI ao século XX, no que as e os creadores galegos tamén teñen especial protagonismo. Dende o Renacemento e Barroco español e europeo, ao Rococó e Realismo pasando polo Costumismo. Dende pinturas e esculturas a debuxos e artes decorativas. Obras de Rubens, Sorolla, Luis Seoane, gravados de Goya ou a colección de cerámica de Sargadelos son só algunhas das pezas que poderás contemplar nas súas instalacións.
Na actualidade, acolle actividades deseñadas para diferentes públicos como talleres, conferencias, concertos e exposicións temporais.