Concello da Coruña

Concello da Coruña

Casas Museo

Casa Museo Picasso

Casa Museo Picasso, lugar que habitou durante a súa estancia na Coruña o famoso artista Pablo Ruiz Picasso, recrea unha típica vivenda do século XIX. Nela expóñense reproducións da súa obra coruñesa, así como un gravado orixinal do artista e un cadro pintado polo seu pai.

Casa Museo María Pita

María Pita é a gran heroína coruñesa. A valente muller que liderou a resistencia contra o corsario inglés Francis Drake en 1589, converténdose nun personaxe de referencia na historia da cidade.

Casa Museo Emilia Pardo Bazán

"Emilia Pardo Bazán é unha das grandes das letras, autora de obras tan recoñecidas como "Os Pazos de Ulloa", á vez que precursora e colaboradora de numerosas iniciativas a favor da cultura galega, destacando o seu espírito independente e feminista."

Casa Museo Casares Quiroga

Esta Casa Museo foi o fogar familiar de Santiago Casares Quiroga, presidente do Goberno da II República, e da súa filla María Casares, brillante actriz de teatro e cinema que triunfou como exiliada en Francia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión