Concello da Coruña

Concello da Coruña

Modernismo

O Modernismo foi o movemento arquitectónico que transformou A Coruña, da man dunha burguesía emprendedora e cosmopolita.

En 1883 acométese a ampliación da cidade co Ensanche, que ocupa as actuais rúas de Juana de Veiga, Picavia, Feijoo, Praza de Lugo e Praza de Pontevedra. A burguesía local, enriquecida co comercio ultramarino, construíu neste espazo luxosas residencias que imitan ás de Viena, París e Berlín, e que mostraban ao exterior a súa prosperidade económica e as súas inquietudes culturais.

En 1906 o arquitecto cubano Ricardo Boán e ao arquitecto coruñés Antonio López Hernández importan ideas de Austria, Suíza e Alemaña. De alí traen revistas, catálogos e fotografías con deseños do austríaco Otto Wagner e do belga Víctor Horta que a fundición local Wonemburger trasladou ao ferro forxado. Xunto a eles, os arquitectos Xullo Galán Carvajal e Rafael González Villar son os artífices de introducir esta nova corrente artística na cidade.

A partir deste momento comezan a xurdir marabillosas ornamentacións. Aparecen rostros femininos que adornan as fachadas inspirados en Elizabeth Seadel, amante do pintor Dante Gabriel Rosetti, falecida por sobredose de láudano e famosa pola súa beleza lánguida, enigmática e os seus longos cabelos. Os artistas locais, influenciados polo inglés Owen Jones, utilizan nas súas decoracións lirios, follas de castiñeiros de indias, plantas acuáticas, rosas e camelias en guirnaldas multicolores. Tamén a rosa de Glasgow do arquitecto Ch. R. Mackintosh e plantas de talos ondulantes apodéranse das galerías. E inspirados en Oriente, a influencia xaponesa faise patente en forma de lirios repujados, cañaverales e bolboretas sobre nenúfares, follas de acivro estreladas e flores de loto que enmarcan xanelas e ascensores.

Benvidos a unha visita pola Coruña de principios do século XX, na que conviven o sobrio estilo ecléctico e a modernidade herdada do Art Nouveau chegado de Europa.

Podes descargarche aquí o folleto da Ruta Modernsita .

Segue a Ruta Modernista

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión