Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convento e Praza de Santa Bárbara

O nome da praza débese a que neste lugar da cidade existiu unha pequena ermida dedicada a Santa Bárbara. Nela atopamos o convento de clausura das Nais Clarisas fundado orixinariamente no s. XV e posteriormente ampliado durante os séculos XVII e XVIII. Destaca, sobre a porta principal, un interesante relevo gótico do s. XIV que representa o Xuízo Final.

A praza posúe un encanto especial grazas ao seu deseño recolleito, ás súas árbores e o seu cruceiro.

Sigue a ruta pola Cidade Vella

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión