Concello da Coruña

Concello da Coruña

Turismo da Coruña

Área de Fomento e Promoción da cidade

Saborea A Coruña

O teu destino gastronómico

A Coruña é unha cidade abrazada polo mar. O Atlántico marca o noso carácter, a nosa alma e, como non, marca a nosa gastronomía. Sabores e aromas que lembran a inmensidade do océano, pero tamén a tradición de terra dentro, dos cultivos máis arraigados de Galicia.

Un festival culinario onde a tradición e a innovación están presentes en propostas salgadas e doces, nas que brilla a calidade da materia prima e a excelencia de chefs, que converten A Coruña en grande expoñente da Dieta Atlántica e da gastronomía galega.

Unha cociña que destaca polo uso de alimentos de tempada, locais, frescos e minimamente procesados, así como a abundancia de alimentos procedentes do mar e do campo, e na que predomina a cocción, o guisado e os produtos feitos á brasa.

Unha oferta tan deliciosa como inimaxinable, presente nunha interminable ruta de bares, tascas e restaurantes con propostas e experiencias gastronómicas máis que apetecibles.

Ademais, A Coruña é membro de Saborea España, que reúne os destinos gastronómicos máis destacados do territorio español.

Quedaches con fame?

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión