Concello da Coruña

Concello da Coruña

Lacónicas, Xornadas do Lacón con Grelos

O Lacón con grelos é o noso prato por excelencia do Entroido.

Cando chega o mes de febreiro, restaurantes e mesóns prepáranse para elaborar un dos manxares tradicionais máis apreciados na cociña galega. Composto principalmente de lacón cocido (pata dianteira do porco), chourizo, patacas e grelo (brotes do nabo), é a orixe de longas sobremesas, de reunións familiares ou con amigos. Sentar á mesa para comer este prato é todo un ritual, que comeza cunha deliciosa sopa quente e termina con algunha das sobremesas estrela desta festividade, as orellas ou as filloas.

Aquí podes consultar o Folleto Lacónicas 2023 .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión